CRTVG

Buscar

Un home mata a nai a coiteladas e fere o pai de gravidade en Alacante

Publicado o 05/06/2020 13:12

A Garda Civil detivo un home que supostamente matou a coiteladas a súa nai e feriu de gravidade o pai na localidade alacantina de San Vicente del Raspeig.

A arma utilizada no crime apareceu no interior do coche do suposto parricida.A Garda Civil detivo un home que supostamente matou a coiteladas a súa nai e feriu de gravidade o pai na localidade alacantina de San Vicente del Raspeig.

A arma utilizada no crime apareceu no interior do coche do suposto parricida.

"E veña vir policías e policías e ás tres e media, ou tres e algo, entón eu asomábame, non tiña ganas nin e asomarme, e ao final digo, a ver que pasou, e entón saíu un cadáver, pero non sabía que era".

Despois da agresión, o suposto parricida fuxiu no seu coche.

Horas máis tarde foi localizado nun barrio da zona norte de Alacante e arrestado. No interior do vehículo, os axentes localizaron a arma supostamente utilizada no crime.

O home permanece custodiado nos calabozos da comandancia da Garda Civil na capital alacantina.

Noticias web

05/06/2020