CRTVG

Buscar

Un home mata a muller en Lloret de Mar e entrégase á policía

Publicado o 09/11/2020 15:32
Un home mata a muller en Lloret de Mar e entrégase á policía

Un home matou esta mañá presuntamente a súa parella en Lloret de Mar. Fontes próximas ao caso aseguraron que o suposto autor do crime se presentou no cuartel da policía para confesar que a matara.

Os axentes trasladáronse ata a vivenda e comprobaron que había unha muller morta con sinais de violencia. O home está detido por suposto homicidio mentres se investigan as circunstancias deste novo crime machista.

Noticias web

09/11/2020