CRTVG

Buscar

Un home mata a exparella en Barbastro, en Huesca, diante dos seus tres fillos

Publicado o 30/06/2021 16:53
Un home mata a exparella en Barbastro, en Huesca, diante dos seus tres fillos

EFE

Un home de 43 anos foi detido polo presunto asasinato da súa exparella no domicilio en que vivía a vítima en Barbastro (Huesca) cos seus tres fillos, que estaban presentes no momento de producirse o crime.

Segundo informaron a Efe fontes da investigación, os feitos ocorreron sobre as 14.30 horas da tarde na vivenda da vítima, no número 4 da avenida Exército Español da capital barbastrense.

Tamén relacionaron a agresión cos trámites de separación que iniciara a muller para vivir soa cos seus tres fillos no domicilio familiar.

Ao parecer, os veciños da vítima oíron os seus berros e alertaron á Garda Civil, que se acudiu pouco despois na vivenda, na que detiveron ao presunto asasino.

Se se confirma que se trata dun asasinato machista, o número de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano ascenderá a 23 (1.101 desde 2003), despois de que a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmara este mesmo mércores a natureza machista do crime dunha muller de 34 anos no municipio salmantino de Doñinos.