CRTVG

Buscar

Un home mata a súa ex-parella en Córdoba e tenta suicidarse

Publicado o 02/03/2020 13:30


O crime ocorreu este mediodía no concello cordobés de Posadas. A muller, de 65 anos, foi asasinada cunha arma branca pola súa parella, un home de 69, no seu domicilio. Posteriormente, o home tentou suicidarse. Está ingresado nun hospital con feridas moi graves ocasionadas por unha arma de fogo. Segundo informou a delegada do Goberno contra a violencia de xénero, a parella estaba en trámites de separación, pero descoñécese polo momento se había denuncia previa por malos tratos.

O Concello de Posadas convocou un minuto de silencio por este novo crime machista, que eleva a catorce o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano.