CRTVG

Buscar

Un home intenta atacar a outro nun bar da Coruña e despois foxe nun bus urbano

Publicado o 03/07/2019 14:12

Na Coruña, xa pasou a disposiciçon xudicial o home que, supostamente, intentou agredir outro cun coitelo na zona do Orzán. Despois, fuxiu á carreira canda varios amigos e subiron a un autobús urbano nunha parada próxima. Porén a policía local logrou prendelo pouco despois na zona de Peruleiro, próxima ao estadio de Riazor.

Aconteceu pasadas as nove e media da mañá. Segundo as primeiras investigacións, unha parella de noivos estaba no interior deste after do Orzán e, de súpeto aparece outro home que, ao parecer, fora parella desa rapaza tempo atrás.

Finalmente non lle causou lesións porque tanto a muller coma outras testemuñas foron quen de agarralo e evitar que lle cravase o coitelo. A parella ameazada refuxiouse neste negocio situado a escasos metros e, o presunto agresor, ao decatarse de que varias persoas estaban chamando a policía, fuxíu á carreira canda dous amigos. Esta mañá xa pasou a disposición xudial e quedou en liberdade.




 

Noticias web

03/07/2019