CRTVG

Buscar

Un home finxe estar bébedo para non pagar nun restaurante en Vilagarcía

Publicado o 02/01/2020 14:28

Nun coñecido restaurante de Pontevedra comezaron o ano cun calote. O estraño é que o cliente que fixo isto foi un septuaxenario que acudiu só e quixo fuxir sen pagar un cuarto de hora antes das badaladas. Comeu unha ración de lagostinos, media centola, unha chuleta de tenreira, torta de Santiago e unha copa de Mencía e un café. Cando lle trouxeron a conta, finxiu estar baixo os efectos do alcohol. Cando lle achegaron a factura tentou fuxir, pero foi parado por un camareiro que alertou a Policía Local.

En canto chegaron os axentes, o home, natural do Salnés e de 72 anos, fixo como que estaba ebrio e mesmo chegou a caer ao chan.

Malia o suculento do menú, a factura era de tan só 42 euros. Os propietarios do restaurante cursaron unha denuncia e o home deberá pagar a factura ou responder diante da xustiza da débeda e se cadra deste xeito tan peculiar seu de gozar do último día do ano.

Noticias web

02/01/2020