CRTVG

Buscar

Un home, ferido grave nun accidente na estrada que une as localidades do Carballiño e Ribadavia

Publicado o 28/10/2020 22:04

Un home quedou ferido grave nun accidente acontecido esta madrugada na estrada que une as localidades do Carballiño e Ribadavia. Foi contra as doce e media da noite. O condutor perdeu o control do vehículo, saíu da vía e caeu nun rego de catro metros de profundidade.

Foi un mozo que pasaba polo lugar o que deu o aviso o ver o coche fóra da estrada, colgando da barreira metálica, e o seu condutor no fondo dunha arqueta parcialmente inundada.

O condutor non levaba posto o cinto de seguridade. No rescate, de gran complexidade, participaron os bombeiros de Ribadavia e O Carballiño e a Garda Civil de Tráfico.

Noticias web

28/10/2020

Máis sobre O Carballiño