CRTVG

Buscar

Un home ferido grave nun accidente en Teixeiro, Curtis

Publicado o 16/02/2020 13:19

O de Vila de Cruces non foi o único accidente da noite do sábado. En Teixeiro, no concello coruñés de Curtis, un home resultou ferido grave despois de bater o turismo que guiaba contra unha rotonda.

A consecuencia do impacto o condutor perdeu o control do vehículo, que se foi da estrada e, tras levar por diante un farol e parte dun valado publicitario, acabou envorcando nunha leira. Ao lugar acudiron membros do GES de Curtis e dos bombeiros de Betanzos, que tiveron que excarcerar o home. Foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

 

Noticias web

16/02/2020