Un home, ferido en Ponteareas tras o incendio no seu garaxe
Publicado o 07/04/2020 14:36
Un veciño de Ponteareas quedou ferido nun brazo tras incendiarse un garaxe no centro da localidade. Ocorreu na rúa Castañal. Os veciños da zona, alarmados polo intenso fume que saía do garaxe, alertaron os servizos de emerxencias, e ata o lugar trasladáronse os bombeiros de Ponteareas, que sufocaron as lapas con rapidez.
Polo de agora descoñécense as causas do incendio, que se produciu cando o home se atopaba no interior arranxando a súa motocicleta. El mesmo intentou apagar o lume cun extintor.