CRTVG

Buscar

Un home falece na Coruña como consecuencia dun escape de gas na súa vivenda

Publicado o 19/06/2017 09:40

Arredor das 21:00 horas de onte, un particular alertaba dun cheiro a gas no domicilio deste home, na rúa Antonio Ríos, na cidade da Coruña

Un home falece na Coruña tras producirse un escape de gas na súa vivenda producido posiblemente, por unha bombona. Arredor das 21:00 horas de onte, un particular alertaba dun cheiro a gas no domicilio deste home, na Rúa Antonio Ríos, na cidade da Coruña. O alertante indicaba ao persoal do 112 Galicia que chamaban á porta pero ninguén abría. Así, de inmediato, desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 pasouse aviso aos bombeiros da cidade, Urxencias Médicas e aos axentes da Policía Local que, enseguida, achegáronse ao momento. Nada máis chegar, os bombeiros atopáronse co cadáver da persoa. Os servizos sanitarios certificaron o falecemento do home sen coñecer, polo momento, as causas.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017