CRTVG

Buscar

Un home falece en Carnota atragoado cun pedazo de carne nunha comida familiar

Publicado o 13/04/2019 21:48

Un irmán do falecido decatouse do que estaba a acontecer pero as manobras para que expulsase o anaco de carne non evitaron a traxedia. O home caeu ao chan e sufriu unha parada cardiorrespiratoria da que foi imposible reanimalo.

Aconteceu este mediodía en Carnota, no núcleo de Lariño, durante unha comida familiar. Foi un dos irmáns do falecido quen se decatou do que estaba a acontecer. O seu irmán atragoárase cun pedazo de carne e non podía respirar. Tentaron facerlle a manobra para que o expulsase, pero non o conseguiron. O home caeu ao chan e sufriu unha parada cardiorrespiratoria. Os familiares tentaron reanimalo. Tamén o persoal do 061 en canto chegou á vivenda, pero nada se puido facer para salvarlle a vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019