CRTVG

Buscar

Un peregrino fai o Camiño de Santiago gateando

Publicado o 06/10/2018 21:48

"Son eventos que se fan, igual que fixen o maratón de Nova York polas vítimas inocentes, isto fágoo como homenaxe ao Camiño de Santiago, contra o maltrato infantil, e tamén coma un reto".

Dende que completou o maratón de Nova York ata hoxe pasaron 17 anos. Agora Pepe, "o gateador", ten sesenta e moitas ganas. O motivo para facer o Camiño gateando segue sendo o mesmo.

Teñen previsto chegar o domingo, fan unha media de quince quilómetros ao día, pero ten unha pequena lesión nun ombreiro. Con todo, o importante non é a meta, senón o camiño, e como se ve mundo dende aí abaixo.


Canda el viaxa un equipo de aopio con fisioterapeutas que o van coidando e revisando o seu estado.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2018