CRTVG

Buscar

Un home esnafra o seu coche de madrugada contra unha entrada do hospital de Monforte

Publicado o 23/08/2019 15:47

O vehículo acabou dentro das dependencias do hospital. Ocorreu pola noite, nun momento en que non había usuarios no lugar. Afectou a porta exterior e o primeiro tabique. Persoal de mantemento do hospital xa traballa na recuperación do espazo.

O condutor é un veciño de Monforte, de 38 anos. Nada se sabe das razóns que o levaron a esnafrar o coche.

Representantes do hospital monfortino presentaron unha denuncia polos danos causados. Confían en que esta entrada lateral se recupere nos próximos días. A Policía Local está a facer o atestado do incidente.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019