CRTVG

Buscar

Un home do Carril denuncia os cantos do galo e as galiñas dunha casa veciña

Publicado o 18/09/2019 14:38

Hai veces en que as queixas residen nos propios sons da natureza: o canto do galo e das galiñas causou a denuncia dun veciño do Carril, tanto, que podería solicitar unha medición sonométrica.

O denunciante alega que dende hai moitos anos non concilia o sono e pide unha recualificación dos terreos.

O Concello de Vilagarcía informou o veciño que as vivendas están en zona rural, onde a convivencia cos animais é legal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019