CRTVG

Buscar

Un home detido despois de prenderlle lume a unha vivenda coa súa exmuller dentro

Publicado o 30/07/2020 08:39

Nova agresión machista, esta vez no Vendrell, en Tarragona. Vivíronse momento de pánico.

Un home prendeulle lume a unha vivenda coa súa exmuller dentro. Despois fuxiu e durante horas estivo empoleirado no alto deste edificio; finalmente, foi detido. Xa fora condenado por un delito de lesións e ameazas contra a muller e tiña unha orde de afastamento.

Outra muller quedou ferida no incendio.

Noticias web

30/07/2020