CRTVG

Buscar

Un home mata a súa filla de catro anos en Zaragoza

Publicado o 15/09/2020 09:48

Os berros da nai alertaron os veciños, que avisaron a policía. Os axentes atoparon a muller na rúa en estado de shock coa pequena agonizando nos seus brazos. A nena, de catro anos, sufría graves feridas no pescozo realizadas con arma branca e perdía moito sangue.
Nada se puido facer por salvarlle a vida no hospital materno infantil de Zaragoza.

O suceso tivo lugar arredor das once da noite do luns no decurso dunha discusión entre os pais da vítima. O home, de 37 anos e orixe nixeriana, abandonou o domicilio tras a mortal agresión á súa filla. A policía localizouno e detívoo hora e media despois, non moi lonxe do lugar dos feitos.

O grupo de homicidios fíxose cargo das investigacións, mentres o presunto parricida permanece detido en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial.