Un ancián levaba máis de dous meses morto na súa casa de Ourense
Publicado o 26/07/2019 16:54
Máis de dous meses morto na casa sen que ninguén o soubera. Aconteceu en Ourense e foi o intenso cheiro que había na zona o que levou os veciños a dar a voz de alarma.
Foi un forte fedor o que alertou os veciños, que acabaron chamando a policía.
Os veciños levaban semanas sen ver a José García, electricista de Ourense xubilado. Tiña 74 anos, solteiro e sen fillos. Cando a Policía Nacional conseguiu entrar na súa vivenda, coa axuda dos bombeiros, atoparon na cama o cadáver en avanzado estado de descomposición.
Sospeitan que José podería levar máis de dous meses morto. A autopsia revelará as causas do falecemento.