Un home de 68 anos, detido en Vilagarcía por tentar abusar sexualmente de tres cativas
Detido un home de 68 anos en Vilagarcía por tentar abusar sexualmente de tres cativas. Foi no barrio de Fontecarmoa, de Vilagarcía de Arousa e loxicamente ten preocupados os veciños e as familias da zona.
O detido é un home que, mentres as menores paseaban preto do instituto, abordou unha das cativas.
Agarrouna e sobouna durante uns intres, ata que ela conseguiu safar del. As tres pediron axuda, pero o home, lonxe de fuxir de alí, abriu os pantalóns, amosou os xenitais e tentou coller outra delas.
As rapazas telefonaron a policía e os axentes detiveron este home, acusado dun delito de abusos sexuais a menores.
Hai uns días, tamén preto de alí, na Illa, fora detido tamén o condutor dun autobús escolar por tratar de abusar sexualmente de cinco cativas nos traxectos do autobús.