CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un home de 50 anos morre nunha colisión entre dous turismos

Publicado o 26/09/2012 15:02
Dous homes morreron esta noite nas estradas na provincia de Pontevedra. Un deles foi un motorista de 45 anos que faleceu ao colidir cun turismo. A segunda vítima, un home de 50 anos, perdeu a vida nunha colisión frontolateral.
O sinistro aconteceu pouco despois das nove da noite, nesta estrada comarcal que une os municipios de Barro e Moraña. O falecido é un home de 50 anos natural de Pontevedra. O vehículo que conducía bateu frontolateralmente contra outro. Neste segundo turismo ía unha muller que quedou ferida leve e foi trasladada ao hospital. Os bombeiros tiveron que recuperar o corpo da vítima que quedara atrapado entre os ferros como consecuencia do impacto. A Garda Civil investiga as causas da colisión.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí