CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un home de 36 anos foi detido en Vigo, acusado de exhibicionismo e acoso

Publicado o 06/10/2017 14:13

Un home de 36 ano foi detido en Vigo, acusado de exhibicionismo e acoso. E tamén por quebrantar a orde de afastamento que xa tiña da ribeira do Lagares.

Os axentes da policía local foron ata a travesía da Canicouva, onde un condutor alertara de que un home estaba seguindo ola beira do río unha moza, que estaba pedindo axuda. A moza afirmou que cando regresaba ao domicilio un individuo a acosou, despois de que ela rexeitara tomar unha copa con el. O home tiña prohibido por orde xudicial achegarse á ribeira do Lagares por protagonizar, presuntamente, outras situacións semellantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí