CRTVG

Buscar

Un home de 31 anos apareceu morto no centro da Coruña

Publicado o 07/03/2019 20:16
Un home de 31 anos apareceu morto no centro da Coruña

Na Coruña, un home de 31 anos apareceu morto a pasada madrugada nunha rúa do centro da cidade. A policía encontrou o corpo moi preto dun coche que estaba parado, coa porta do condutor aberta, nun paso de peóns próximo á Praza de Vigo. Tiña os ollos abertos, os beizos morados e non respondía a ningún estímulo. Nin os axentes da Policía Local, nin o persoal sanitario puideron reanimalo. A autopsia determinará as causas do falecemento.




 

Noticias web

07/03/2019