CRTVG

Buscar

Nova morte por listeriose en Andalucía

Publicado o 23/08/2019 20:35

A Junta de Andalucía xa inmobilizou a produción de carne que a empresa Magrudis vendía a través dunha marca branca, ante as sospeitas de que tamén estea contaminada. As primeiras investigacións apuntan a que a bacteria está estendida polos aparatos cos que manipulaban a carne. Por iso apareceu agora tamén noutros produtos: no lomo ó xerez e no lomo á pementa. A Junta de Andalucía di que ningún deles está xa no mercado.

Jesús Peinado, subdirector xeral de Protección da Saúde da Junta, "ter a garantia de que a retirada do produto do mercado se está realizando, e que se está facendo correctamente"

Os casos de listeriose asociados a este brote de Andalucía xa superan os 200, en oito comunidades. Nas últimas horas faleceu outro paciente nun hospital de Sevilla, un home de 72 anos que xa estaba enfermo.

Miguel Cisneros, portavoz da consellería de Saúde, "tiña un cancro de páncreas en fase terminal. Ingresou o 10 de agosto con febre, e detectouselle listeriose no sangue"

O ministerio de Sanidade reunirá o luns ás comunidades autónomas para informalos de como avanza o andazo. As autoridades sanitarias andaluzas cren que a semana que vén diminuirán os casos, porque o periodo de incubación é curto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí