CRTVG

Buscar

Cae desde o terceiro andar en Vilagarcía ao intentar entrar na súa casa desde o piso do lado

Publicado o 01/02/2019 16:49

Un home cae desde o terceiro piso no centro de Vilagarcía cando tentaba entrar na súa casa desde a veciña porque lle quedaran as chaves dentro.

Como consecuencia da caída sofre fracturas. O incidente mobilizou un importante dispositivo de urxencias.Bombeiros, equipo de urxencias, 061 e policía local de Vilagarcía. Todo o dispositivo de urxencias mobilizouse ás nove da noite de onte cara á praza de Galicia ante a alerta de que un home caera desde unha ventá deste edificio. Foi parar á terraza dun negocio que a esa hora xa estaba pechado e alí o encontraron os servizos de urxencia.

Francisco Javier Gillán Busto, responsable do Servizo de Urxencias Municipal de Vilagarcía, explica que cando chegaron ao lugar encontraron un home que caera desdeo terceiro piso á terraza do segundo. Ao parecer, quedáralle a chave da casa dentro e pretendía entrar a ela pola ventá desde o piso contiguo.

Engade Guillán que como o acceso á terraza estaba pechado e non queriar demorar a evacuación, optaron por despregar a escaleira do camión de rescate para baixar a vítima. Tamén conta que tiña mancaduras e algunha fractura, polo que foi evacuado ao hospital.

De aquí levaron o home, de 48 anos de idade, ao hospital. Segundo os operarios de urxencias, caeu desde uns catro metros de altura e as consecuencias da imprudencia puideron ser moi graves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019