CRTVG

Buscar

Á espera de pasar a disposición xudicial o home que matou a súa muller en Toledo

Publicado o 22/01/2020 22:09

O crime ocorreu no domicilio da parella a madrugada pasada na localidade toledana de La Puebla de Almoradiel. O home de 50 anos asestóulle tres coiteladas á súa muller, de 43. No domicilio estaban tamén os dous fillos menores da parella. Cando chegaron os servizos de emerxencias xa non puideron facer nada pola muller, que morreu practicamente no acto. Foi o presunto autor dos feitos quen chamou os servizos de emerxencia. "A través do 112 esta noite pois o propio presunto asasino chamou a esta central de emerxencias para comunicar que matara a súa muller",sinala o delegado do Goberno en Castela-A Mancha.

O home xa está detido nas dependencias da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial. O Concello toledano decretou tres días de loito e convocou unha concentración de repulsa por este crime machista. No que vai de ano son catro as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas.