CRTVG

Buscar

Un home cunha orde de afastamento asasina a ex-parella diante das fillas en Madrid

Publicado o 18/09/2019 14:20

O home detido onte á tarde en Madrid, tras matar supostamente a súa parella, xa fora denunciado por malos tratos e tiña unha orde de afastamento. A muller, de 31 anos, foi acoitelada diante das súas fillas de oito e dez anos. Foi a menor delas quen chamou os servizos de emerxencia.

Os feitos aconteceron preto das sete da tarde no distrito madrileño de Ciudad Lineal. O agresor, un home ecuatoriano de 43 anos, agardou a súa parella no portal da casa e cando esta chegou asestoulle varias coiteladas.

As fillas de oito e dez anos que acompañaban a nai presenciaron a agresión e foi a menor delas quen alertou do sucedido.

A pesar dos intentos por reanimar a vítima, xa non foi posible evitar a súa morte.
A Policía detivo o agresor nas proximidades do lugar e, segundo algunhas testemuñas, tiña aínda a camisa ensanguentada e o coitelo na man.

A muller xa denunciara o home por malos tratos e o xuíz impuxéralle unha orde de afastamento.
A morte desta muller elevou a 42 as vítimas mortais da violencia machista en España no que vai de ano.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019