CRTVG

Buscar

Un home asasina a marteladas a súa parella en cadeira de rodas en Xerez

Publicado o 10/09/2020 15:11

Unha muller en cadeira de rodas foi asasinada en Xerez. Todo apunta a un novo crime machista.
Os veciños alertaron a policia preocupados polos berros que escoitaban no interior dunha vivenda do concello na que reside unha familia de orixe rumana. Cando accederon ao interior descubriron o corpo sen vida dunha muller de 57 nunha cadeira de rodas. A vítima faleceu tras recibir múltiples golpes cun martelo.

Os axentes detiveron un home de 55 anos, ao parecer parella da falecida, como presunto autor dun crime machista.

Noticias web

10/09/2020