CRTVG

Buscar

Un home apuñala unha muller diante do seu fillo menor en Eibar

Publicado o 08/07/2020 11:07

Un home de 17 anos apuñala a súa parella en plena rúa e diante do seu fillo menor en Eibar, Guipúscoa. A muller quedou ferida nunha perna, polo que foi trasladada ao hospital. Aconteceu o pasado martes, arredor das 15.40 horas. O home, entregouse hoxe nas dependencias da Ertzaintza.

Unha testemuña gravou parte da agresión e nas imaxes pode verse como o home lle asesta varios golpes na cabeza contra o chan á vítima e a apuñala diante do menor. 

O detido foi acusado dun delito de violencia de xénero e lesións e permanecerá nas dependencias da Policía vasca ata que rematen as dilixencias policiais.

O Concello de Eibar amosou a súa "absoluta repulsa e condena" do ocorrido e trasladou á vítima "todo o seu apoio" á vez que rexeitou calquera forma de violencia machista.