Un home agride a parella e foxe coa filla de 19 meses nun novo caso de violencia machista
Publicado o 22/01/2019 14:12
A agresión sucedeu no domicilio familiar na zona de San Xián, en Marín, onte á tarde. O home, de 33 anos de idade, pelexou coa muller, de 29, en presenza dos seus fillos de 8 anos e 19 meses. El acabou fuxindo no coche coa meniña tras mancar a muller na cara.
Un policía fóra de servizo foi quen propiciou a detención tras seguir no seu coche por unha zona rural o vehículo en que ía o agresor e a meñiña.
A cativa, segundo a policía, estaba ben e entregáronlla á nai. O home pasou a noite en dependencias da policía e esta mañá pasou a disposición do xuíz.