CRTVG

Buscar

Un home agrede unha veciña cun sacho na cabeza en Ventosela, en Redondela

Publicado o 05/12/2017 21:04

Unha muller de 57 anos de Ventosela, en Redondela, permanece hospitalizada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras ser agredida por un veciño cun sacho. O home prestaba declaración nos xulgados de Redondela nas últimas horas.

A suposta agresión produciuse neste lugar onde Serafina collía auga deste rego. Segundo testemuñas, Manuel, alcumado 'O Negro', golpeou nela cun sacho sen mediar palabra.

Serafina, que recibiu un forte impacto na cabeza, saíu de aquí en ambulancia coa cabeza ensanguentada. Está Hospitalizada no Álvaro Cunqueiro de Vigo e tamén foi atendida polo equipo maxilofacial de POVISA. O seu suposto agresor foi detido pola Policía Local de Redondela. Arestora está a prestar declaración por estes feitos nos xulgados de Redondela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2017