CRTVG

Buscar

Un home acoitela ata a morte unha veciña de Ourense e fere gravemente a súa parella

Publicado o 19/02/2021 10:32
Un home acoitela ata a morte unha veciña de Ourense e fere gravemente a súa parella

Unha moza de 22 anos faleceu esta madrugada en Velle, Ourense, a causa das feridas por arma branca, mentres que a súa parella quedou ferida moi grave nun ataque realizado por unha persoa da contorna.

O suceso ocorreu sobre as catro da mañá, cando o presunto homicida se achegou á casa dos seus veciños e, tras abrir a porta, abalanzouse sobre eles e acoitelounos. A moza morreu polas graves feridas e o mozo está no complexo hospitalario da capital.

Efectivos policiais trasladáronse ata o lugar, ao igual que o xuíz de garda. O presunto homicida xa está detido.