CRTVG

Buscar

Un home acoitela a súa ex-parella en Valencia por non poder ver os fillos

Publicado o 24/05/2019 21:40

Unha muller de 28 anos quedou ferida grave tras ser acoitelada pola súa ex-parella en Valencia. O presunto agresor entrou sen permiso na casa utilizando unha chave que non devolvera. Cando soubo que ela iniciara os trámites de divorcio atacouna cun coitelo diante dos fillos, de 7 e 9 anos. Os berros da muller alertaron a unha veciña que avisou á policia e puido deter o agresor cando fuxía.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019