CRTVG

Buscar

Un home abandona a muller na estrada despois de golpeala

Publicado o 08/01/2020 14:43

Abandonou a súa parella en plena estrada o Día de Reis. Aconteceu na N-541, á altura do concello ourensán de Boborás. Segundo testemuñas, o home parou o coche, golpeou a muller e tiroulle dos pelos, e despois obrigouna a saír do vehículo.

Deixouna tirada na estrada ata que a muller foi auxiliada polos servizos de emerxencias e pola Garda Civil, que activou un dispositivo para localizar o presunto agresor por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar. A muller, de nacionalidade chinesa, finalmente, non quixo denunciar os feitos.

Noticias web

08/01/2020