CRTVG

Buscar

A Garda Civil xa alertara da vulnerabilidade do neno de 10 anos ao que matou seu pai na localidade murciana de Beniel

Publicado o 27/07/2019 10:16

Tiña só 10 anos. E seu pai matouno para vingarse da nai. A última vítima da violencia machista é un neno da localidade murciana de Beniel. O suposto parricida, de 39 anos, aforcouse despois.

Foi nesta casa onde Policía e Garda Civil atoparon os cadáveres. O do pequeno, de 10 anos, estaba no chan do corredor, no medio dun charco de sangue. O do pai, colgando na cociña. Os axentes acudiron despois de que o home non entregara o cativo á nai na tarde anterior.

O suposto parricida, de 37 anos, tiña antecendentes por malos tratos. Dende o pasado xuño tiña ademais unha orde de afastamento da ex-parella. Ambos tiñan unha mala relación.

O Concello de Beniel decretou dous dias de loito oficial. Este ano, dous menores foron asasinados en España polos seus pais como un xeito de vingarse das nais. Dende 2013 son 29 os cativos falecidos pola mesma causa.

 

Noticias web

27/07/2019