CRTVG

Buscar

A Revista

Un guepardo subiu ao teito dun coche nun safari e deixou que os turistas tiraran fotos con el

Publicado o 20/08/2018 12:57
Uns turistas levaron un pequeno susto nun safari polo Parque Nacional do Serengueti, en Tanzania. Tiñan o teito do todo terreo aberto e viron achegarse un guepardo cara a eles.

O felino saltou sobre o vehículo, pero vese que tiña máis calor que fame. O animal non quería atacalos. Só poñerse á sombra e deixou que tiraran fotos e fixeran vídeos tranquilamente.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

20/08/2018