CRTVG

Buscar

Un grupo dos CDR increpa a Quim Torra pola actuación dos Mossos na retirada dos lazos amarelos

Publicado o 23/03/2019 21:30

Ocorreu á entrada dun acto electoral de Junts per Catalunya en Sabadell. Un grupo dos CDR agardaba polo presidente da Generalitat para recriminarlle a actuación dos Mossos d'Esquadra na retirada dos lazos amarelos nas escolas. Quim Torra xustificou a actuación da policía catalá e pediulles unidade para tirar adiante.

Torra podería enfrontarse a dous anos de inhabilitación por incumprir os prazos que estableceu a Xunta Electoral Central para retirar os símbolos soberanistas dos edificios públicos. Tamén este sábado, o grupo Els Segadors del Maresme, contrario á independencia, depositou fronte á sede da Generalitat milleiros de lazos amarelos recollidos en distintas localidades catalás para denunciar a súa contaminación ecolóxica e ideolóxica.
 

Noticias web

23/03/2019