CRTVG

Buscar

Un grupo de rapaces galegos do exterior coñecen as súas raíces

Publicado o 23/07/2019 20:36

Un grupo de rapaces galegos do exterior, a maioría de América do Sur, coñecen estes días as súas raíces.  Veñen grazas ao programa Conecta Galicia da Secretaría Xeral de Emigración. Un programa que fai este verán trinta anos.

Así contaba esta galega do exterior o que sentía tras pisar por primeira vez Galicia, a terra da que emigraron os seus avós cara á Arxentina. Non é a única, forma parte dun grupo de setenta rapaces, a maioría de América do Sur, que pasan estes días en Galicia coñecendo as súas raíces. Tras percorrer parte do Camiño da Prata, chegaron, por fin, ao Obradoiro con moita calor, pero tamén con moita emoción.

Este grupo de rapaces galegos do exterior fortalecen os seus vínculos coa súa terra de orixe grazas ao programa Conecta Galicia da Secretaría Xeral de Emigración.

Este ano, o programa Conecta Galicia trouxo 150 galegos do exterior de entre 15 e 20 anos.

Noticias web

23/07/2019