Un grupo de persoas apupa a Sánchez na visita que realizou ao hospital da Paz
Publicado o 27/11/2020 15:32
O ministro de Sanidade e o presidente do Goberno visitaron o hospital madrileño de La Paz, acompañados tamén do ministro de Ciencia. E foron recibidos con apupos e berros de "fóra".
Foi unha visita case sorpresa para coñecer de primeira man os proxectos de investigación fronte á covid-19, en que non houbo declaracións.
Transcendeu que provocara o malestar nas autoridades madrileñas. O alcalde da capital sumouse ao acto, pero denunciou que Moncloa non os invitara. Di que aproveitaron que a presidenta Ayuso non estaba en Madrid para facer a visita.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30