CRTVG

Buscar

Un grupo de pequenos comerciantes de Lugo únense para facer repartos compartidos

Publicado o 18/04/2020 14:43

Nestes tempos tan aciagos, tamén hai iniciativas coas que se intenta que os efectos económicos desta crise sanitaria sexan o menos lesivos posible. Por este motivo, un grupo de pequenos comerciantes de Lugo uníronse cunha novidosa iniciativa: o reparto compartido.

O servizo non ten custo adicional. Considérano un servizo esencial nestes momentos e a el adheríronse uns corenta comerciantes da praza de abastos e do mercado de Lugo, pequenas empresas tradicionais.

Non sendo que o cliente teña problemas de mobilidade, os pedidos recóllense no portal, e os pagos pódense facer con TPV.

Para conseguir este servizo gratuíto abonda contactar con calquera dos negocios do mercado ou da praza de abastos de Lugo.

Noticias web

18/04/2020