CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un grupo de pais e alumnos do IES de Brión acordou durmir no centro ata que Educación aumente en tres o número de profesores

Publicado o 14/09/2018 14:52

Un grupo de pais e de alumnos do Instituto de Secundaria de Brión acordou durmir no centro educativo ata que a Consellería de Educación aumente en tres o número de profesores. Dimitiu a dirección do centro, pero a Inspección entende que se cumpre a media de alumnos por aula.

Pais e alumnos do instituto de Brión manifestaron xa en xullo que se precisaban máis profesores. Aumentou a matrícula en trinta e un alumnos, e creouse un novo grupo en primeiro da ESO, pero hai un grupo menos en cuarto da ESO, onde sesenta e un alumnos se distribúen en dous grupos. Chegaron sete profesores novos, pero os pais cren que non se poderá atender ben aos de terceiro e cuarto da ESO, que terán dificultades de convivencia e non recibirán todas as optativas posibles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí