CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un grupo de música tradicional leva dezasete anos retomando os cantares de Reis

Publicado o 04/01/2018 21:41

Aos nenos de Vilaboa a ilusión do Nadal chégalles por partida dobre. A culpa téñena Os Chichisos, un grupo de música tradicional que leva dezasete anos retomando a tradición dos cantares de Reis.

Aínda que xa hai anos que as cuadrillas de mozos non recorren as casas a noite do cinco pedindo o aguinaldo, os membros do grupo recordan a súa visita.

A tradición mudou e agora cantan nas prazas de Pontevedra. Para chegar preparados ao día da actuación Os Chichisos ensaian dende o 26 de decembro. Cada neno ten o seu motivo para acompañalos pero dende os máis novos ata os máis vellos gozan cantando os Reis.

Algúns nunca escoitaron falar desta tradición pero para outros é unha viaxe aos seus días de nenez.

"Iso está tan vivo na xente maior que é moi fácil recuperalo. É unha cuestion moi emocional e moi emotiva e ves que despertas algo profundo na xente".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/01/2018