Un grupo de mozos de Cospeito aplican a informática á primeira cría dos xatos
Publicado o 26/06/2020 14:35
A xente nova aplica a tecnoloxía á gandería. En Cospeito, seis mozos e mozas acaban de poñer en marcha un dispositivo de control e seguimento de xatos para que crezan con saúde.
O proxecto naceu na Terra Chá e alí seguen a traballar para conseguir levalo por toda Galicia. O seu obxectivo é o de modernizar a cría de gando pero tamén o de mellorar os prezos dos animais a través da garantía de calidade.
Debido á pandemia, os prezos que reciben os gandeiros baixaron ata nun 80% nalgúns casos.
O sistema estase a probar en 30 ganderías e pronto estará dispoñible en diferentes cooperativas gandeiras.