CRTVG

Buscar

Un grupo de mozos da cidade de Vigo practican unha filosofía de vida chamada 'permacultura'

Publicado o 03/09/2019 21:30

Un grupo de mozos da cidade de Vigo practican unha filosofía de vida chamada 'permacultura'. Os seus piares: a agricultura ecolóxica, o respecto á natureza ou a arquitectura sustentable.

Ecolectivo puxo en práctica a 'permacultura' como filosofía de vida nesta leira de Sárdoma, en Vigo, e cinco anos despois amosan como se pode respectar a natureza cun desenvolvemento sustentable. Cada ano organizan un obradoiro en que achegan conceptos como bosque comestible, agroecoloxía ou arquitectura bioclimática.

Os catorce participantes no curso deste ano están a traballar arreo, con proxectos coma un sistema de condución de augas para o bosque comestible ou un colector solar para as duchas.

Noticias web

03/09/2019