CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un grupo de menores infractores coñece as consecuencias dos accidentes de tráfico

Publicado o 26/06/2015 15:04



Adolescentes que cumpren medidas xudiciais na asociación Arela participaron esta mañá nunha xuntanza onde coñeceron as consecuencias reais dos accidentes de tráfico e doutras condutas negativas. Os mozos tiveron a oportunidade de falar con vítimas de accidentes de tráfico que lles contaron a súa dura experiencia.

Hai máis de 20 anos, Jony sufriu un accidente de tráfico que cambiou a súa vida para sempre. Hoxe co seu testemuño pretende concienciar demais sobre o importante das súas accións e a súa responsabilidade. Xunto a el outras persoas con dano cerebral da asociación Alento en Vigo contan a súa experiencia.

Os testemuños non deixaron indiferente a este grupo de adolescentes que cumpren diferentes medidas xudiciais na asociación Arela.

Poñerse no lugar do outro é sen dúbida a mellor forma de visualizar as consecuencias dunha mala conduta. A asociación Alento xunto con Arela celebran estas xornadas dúas veces ao ano co obxectivo de promover un cambio de actitudes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí