CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un grupo de escolares viaxa á Idade de Bronce en Campo Lameiro

Publicado o 13/05/2016 14:25

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro recibiu hoxe a visita dun grupo de escolares, que puideron coñecer a vida na prehistoria grazas aos obradoiros e exposicións do centro.

Hoxe os alumnos do IES Ribeira do Louro gozaron dunha experiencia prehistórica no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra, un espazo deseñado para trasladarnos á Idade do Bronce a través de obradoiros, talleres e exposicións que nos mostran como era a vida naquela época.

Os pequenos puideron desfrutar do obradoiro de caza, onde aprenderon, entre outras cousas, como usar as armas de caza da prehistoria como lanzas e frechas.

Ademais, este parque posúe numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, e unha pequena réplica dun poboado da época, que fan que esta experiencia sexa o máis prehistórica posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí