CRTVG

Buscar

Un grupo de enxeñeiros de camiños invitan a estudantes a facer novos proxectos

Publicado o 13/04/2019 13:44

De enxeñería e de educación. Diso vai o proxecto dun grupo de investigadores da escola de enxeñeiros de camiños que está percorrendo aulas de toda Galicia para divulgar o traballo que fan e a súa utilidade para a sociedade. Porque, que sería de nós sen estradas, pontes ou encoros?

Son alumnos que acaban de rematar a carreira de Enxeñería de Camiños que ensinan a outros alumnos, neste caso estudantes de terceiro da ESO do Instituto Francisco Aguiar de Betanzos. Con que obxectivo?
Por unhas horas os alumnos deixan os libros e dedícanse a facer experimentos prácticos que conectan os rapaces coa realidade construtiva, dende fabricar formigón con distintos materiais a levantar arcos en pequena escala. E así tratan de espertar a curiosidade dos estudantes no ámbito da enxeñería.

Esta iniciativa promóvea a Fundación de Enxeñería Civil de Galicia e sumáronse a ela trinta institutos de toda a comunidade.


 

Noticias web

13/04/2019