CRTVG

Buscar

Discapacitados cordobeses fan o Camiño Portugués apoiados pola Garda Civil

Publicado o 03/05/2019 13:20

35 membros da Asociación Amigos Cruz Branca, de Córdoba, chegaron esta mañá Compostela despois de case unha semana al últimas etapas do Camiño Portugués. Forman parte dun grupo no que están integradas 13 persoas con discapacidade intelectual. 

Esta foi a última etapa. Os últimos quilómetros co obxectivo posto no Obradoiro. Sairon o día 28 do Porriño coa finalidade de facer un Camiño "espiritual". Varios voluntarios acompañaron durante esta semana a trece persoas con discapacidade intelectual que viven na residencia San Francisco de Asís de Córdoba.


Miguel Angel Caracuel, presidente da Asociación de Amigos de Cruz Blanca: "É unha experiencia para os nosos rapaces increible. Trouxemos 13 rapaces e desfrutan dende que saen ata que chegan. E son un auténtico equipo de campións. Fixeron todas as etapas e aquí non hai unha dor, estou canso. Ao remate, cando chegan preguntan canto queda e se imos seguir. Estannos dando un exemplo e unha lección a cada un dos acompañantes que vimos con eles. No Camiño de Santiago atopamos un xeito de incluír a xente diversa, por suposto dentro do máis absoluto respecto como está tendo todo o mundo con nós incluidos os medios de comunicación. Un xeito de facer normal a unhas persoas cunhas certas limitacións".

Teñen entre 27 e 74 anos e para eles é un camiño moi especial. Fixeron uns 135 quilómetros, camiñando unha media de 12 a 15 cada día. E non só o camiñar alenta ao peregrino.

Sebastian, peregrino: "Comemos moi ben. Comemos peixe, comemos carne e sopa galega e a torta de Galicia do meu amigo Santiago no hotel e a sopa de onte na casa de Manolo".

Esmeralda, peregrina: "Gustoume Galicia todo e andamos moito, non se cansou ninguén".

Despois dun grande esforzo acaba chegando unha gran recompensa: a sempre espectacular fachada do Obradoiro. É a terceira vez que fan este Camiño nos últimos trece anos e xa están pensando en repetir.

Noticias web

03/05/2019