CRTVG

Buscar

Cinco persoas percorren 1.650 km a prol da investigación do cancro de mama e do banco de alimentos

Publicado o 16/06/2021 14:35

Desde Fisterra a Roquetas de Mar en 13 días. 1.650 qulómetros repartidos entre maratón e bicicleta para dar visibilidade e apoiar dúas causas: o proxecto Emma e os bancos de alimentos. Un reto que 5 corredores non profesionais materializan fisicamente, pero no que poden participar virtualmente todos os que o desexen conseguindo un dorsal solidario. 

Tras a etapa de 40 quilómetros de maratón, apenas 40 minutos para repoñer forza e cambiar de equipación antes de coller as bicis. Unha "afección", como eles a denominan, co que pretenden superar os máis de 600 quilos de comida acadados no seu anterior reto e chegar aos 5.000 euros en dorsais solidarios. 

Noticias web

16/06/2021