Un grupo de ciclistas participan nunha pedalada que busca fondos para loitar contra o cancro
Coñecemos un equipo ciclista moi singular, chámase "Investigación es vida" e está formado por dúas fundacións que apostan pola investigación para vencer o cancro e a enfermidade CHARCOT MARIE TOOTH. Fan o Camiño de Santiago en bici e nunhas horas chegarán o Obradoiro. Nós estivemos con eles en Lalín.
A da filla de Alfredo é unha enfermidade que afecta en España a 18.000 persoas e a día de hoxe non ten cura. A de Dani superou unha leucemia grazas a investigación. Os dous subíronse a bici en Madrid o pasado domingo.
Paran en Lalín. Canda outros compañeiros veñen facendo o Camiño de Santiago na procura de visibilidade. Insisten en que só a investigación pode salvar vidas e que para iso precisa financiamento e compromiso das administracións. O anfitrión é hoxe Serxio Pazos, fai o camiño canda eles dende a semana pasada.
Este sábado chegan por fin o Obradoiro. É a fin de etapa dun camiño moito máis longo, no que din apenas hai tempo para descansar.