Un grupo de bombeiros de Lugo denuncia o Concello ante a Inspección de Traballo
Publicado o 20/02/2019 19:58

Un grupo de bombeiros de Lugo denuncia o Concello ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social. Din que hai deficiencias en materia de prevención de riscos laborais e que nas condicións actuais ponse en perigo a súa seguridade e saúde. Afirman que carecen de plan de prevención, avaliación de riscos, planificación da actividade preventiva, procedementos de traballo, ou formación teórico-práctica relacionada co posto e os equipos e vehículos. Tamén denuncian que o exceso de horas de traballo e o seu mal repartimento están a afectar a súa vida familiar.