CRTVG

Buscar

Un grupo de 16 expertos traza a folla de ruta do futuro da Atención Primaria en Galicia

Publicado o 13/11/2019 20:45

Un grupo de 16 expertos independentes acaban de trazar os retos e as liñas de futuro da Atención Primaria en Galicia. No documento elaborado por este comité propóñense unha serie de melloras para transformar o sistema de atención.

"Estamos comprometidos e traballamos a diario para que o noso sistema sanitario non só manteña o alto nivel de servizo ás persoas, senón que garanta a súa mellora, algo que se conseguirá cunha Atención Primaria potente, resolutiva e con futuro", afirma o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña. 

Trátase de reorientar o sistema de atención primaria cara a catro obxectivos básicos: "Mellorar a saúde poboacional, mellorar a calidade e a experiencia do paciente, a eficiencia e a satisfacción do profeionais sanitarias", explica Benjamín Abarca, médico de familia e membro do comité.

O traballo deste grupo de expertos, impulsado polo Sergas, é pioneiro. "Non existe esta reunión do grupo de expertos en ningunha parte de España", di Rafael Bengoa, codirector do Institute for Health and Strategy. Parte das recomendacións propostas por este comité poranse en marcha xa nos vindeiros seis meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019